Boletín da Real Academia Galega
Latest Publications


TOTAL DOCUMENTS

418
(FIVE YEARS 49)

H-INDEX

0
(FIVE YEARS 0)

Published By Real Academia Galega

2605-1680, 1576-8767

2020 ◽  
pp. 223
Author(s):  
Xerardo Pereiro

Este texto apresenta uma reflexão sobre a colaboração entre as antropologias portuguesa e galega. O texto inicia com uma breve revisão histórica da institucionalização da antropologia portuguesa, para logo analisar alguns traços da antropologia no Norte de Portugal hoje. Finalmente, com base na experiência pessoal de trabalho transnacional entre o Norte de Portugal e a Galiza, apresenta-se uma proposta de colaboração para posteriores debates que integra três âmbitos: o ensino, a investigação e o campo cívico.


2020 ◽  
pp. 261
Author(s):  
Patricia Arias Chachero

En 1947 publícase, en Vilagarcía de Arousa, Cómaros verdes de Aquilino Iglesia Alvariño, considerado o primeiro libro galego relevante da posguerra. En 1949, o autor deste poemario trasládase, por motivos profesionais, a Pontevedra onde cadra con Celso Emilio Ferreiro e o grupo de mozos que organizan a colección Benito Soto, primeira colección poética en galego tras a Guerra Civil. Iglesia Alvariño colabora activamente con este grupo de intelectuais na edición de libros de poesía.


2020 ◽  
pp. 165
Author(s):  
Clodio González Pérez
Keyword(s):  

O propósito deste relatorio é contribuír ao coñecemento da obra de Antonio Fraguas Fraguas de contido etnográfico e/ou folclórico, dende os primeiros traballos de campo na parroquia natal de Loureiro (Cotobade), que comezou de bacharel por consello do profesor Antón Losada Diéguez, ata o pasamento en 1999. Cofundador da Sociedade da Lingua en 1924, membro do Seminario de Estudos Galegos, do Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento (director durante varios anos da Sección de Etnografía e Folclore), do Plenario do Consello da Cultura Galega (coordinador algún tempo da Sección de Antropoloxía Cultural), director do Museo do Pobo Galego e presidente do Padroado do segundo. Académico numerario da Real Academia Galega (1951, o discurso de ingreso versou sobre as cantigas dos seráns da súa terra de Loureiro), Premio de Investigación da Xunta de Galicia, Cronista Xeral de Galicia, Premio Ramón Otero Pedrayo etc. Entre as publicacións etnográficas, sen ter en conta os artigos en revistas especializadas, sobresaen: La Galicia insólita: Tradiciones gallegas, El traje gallego, Aportacións ao cancioneiro de Cotobade, Romarías e santuarios e A festa popular en Galicia. Gran divulgador da nosa cultura tradicional, ameno conferenciante e colaborador en xornais e revistas.


2020 ◽  
pp. 105
Author(s):  
Camiño Noia Campos

O artigo traza o percorrido pola vida docente de Antonio Fraguas desde 1929, ó rematar a carreira de Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela, ata o ano 1963, como catedrático no Instituto Feminino Rosalía de Castro de Santiago. Os datos dos primeiros centros nos que Fraguas imparte docencia, A Estrada e Lugo, están tomados, esencialmente, de biografías e artigos publicados. Mentres que os referentes ó Instituto Rosalía de Castro, de 1959 a 1963, parten de lembranzas directas das súas alumnas e da documentación que garda o fondo Antonio Fraguas no Museo do Pobo Galego.


2020 ◽  
pp. 23
Author(s):  
Antonio Reigosa Carreiras
Keyword(s):  

Recreamos en síntese algunha das moitas e importantes achegas de don Antonio Fraguas ao coñecemento e interpretación da mitoloxía popular galega a través dunha extensa e valiosa obra. Un quefacer de etnógrafo que anota e describe, que ordena con criterio, que dá preferencia á divulgación máis que á análise, todo canto considera de interese para a salvagarda e o coñecemento global da nosa cultura popular. Para este propósito, centrámonos só naquelas publicacións en que a materia de estudo principal xira arredor da mitoloxía popular, entendendo como tal toda a información relacionada co rico repertorio de mitos, ritos e figuras sobrenaturais da nosa cultura popular tradicional.


2020 ◽  
pp. 383
Author(s):  
Juan Félix Neira Pérez
Keyword(s):  

Exhumamos neste artigo un poema inédito de Eduardo Pondal, composto en recordo da súa irmá Eduarda, morta en Muxía cando pasaba uns días en compañía de Rosalía de Castro, co gallo da romaría da Barca. 


2020 ◽  
pp. 289
Author(s):  
Henrique Monteagudo

Na presente achega analízase a variación -i / -e en final de palabra no marco da evolución do sistema lingüístico galego-portugués durante o período 1250-1350. Chámase a atención sobre un trazo diferencial entre portugués e galego que non ten recibido atención: o mantemento no primeiro do [i] final de palabra átono do latín como [i] nunha serie de vocábulos que en galego rematan en [e]. Colócase o foco sobre os clíticos de dativo, me (P1), te – che (P2), lle(s) (P3-P6) e xe (P3-P6ref) nos textos galegos, que nos portugueses alternan con mi, ti, lhi(s) e xi respectivamente. A variación entre me e mi, cos correspondentes alomorfos {m} e {mi̯}, é obxecto de especial atención. Igualmente, repárase nas desinencias da P1 do pretérito perfecto dos verbos con perfecto forte e mais da P2 do pretérito de todos os verbos: nos textos galegos as formas acaban en -e (dixe, amaste – amasche), mentres que nos portugueses adoitan rematar en -i (dixi, amasti). Con base nunha ampla mostra de textos de distinto tipo, en prosa e verso, literarios e documentais, analízase a distribución diatópica, a evolución diacrónica e a cronoloxía destes fenómenos de variación, que desembocaron na xeneralización das formas en -e.


2020 ◽  
pp. 277
Author(s):  
Xesús Alonso Montero

O presente traballo repasa a ideoloxía política do grupo de mozos pontevedreses implicados na creación da colección Benito Soto. Dos catorce títulos publicados dentro desta colección, oito deles foron escritos en lingua galega. No ano 1951 verá a luz Musa alemá, volume de formato diferente que recolle a tradución galega dunha antoloxía de poemas de autores alemáns. A edición foi retirada pola censura e posteriormente queimada, e o seu responsable, o editor Sabino Torres, expedientado. O autor cuestiona a lenda sobre a clandestinidade da colección e sobre a suposta queima dos exemplares de Musa alemá.


2020 ◽  
pp. 159
Author(s):  
Manuel Mandianes Castro

Este traballo desenvólvese en tres apartados: en primeiro lugar percórrense os movementos intelectuais en voga na época de Fraguas: funcionalismo, estruturalismo, simbolismo, deconstrucionismo. A continuación analízase como o ambiente en que se desenvolveu Fraguas foi o das ideas de Nós. Por último reflexiónase sobre a Galicia e a identidade galega tal e como as concibe Antonio Fraguas.


2020 ◽  
pp. 145
Author(s):  
Felipe Arias Vilas
Keyword(s):  

O presente traballo realiza un percorrido resumido pola arqueoloxía galega na segunda metade do século XX, partindo dos traballos de Antonio Fraguas na zona lucense e analizando o papel fundamental da Sección de Arqueoloxía e Prehistoria do Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento, sobre todo nas décadas dos anos 70 e 80, en que promoveu traballos e investigacións aglutinando persoas de museos, da universidade e doutros ámbitos sociais.


Sign in / Sign up

Export Citation Format

Share Document